viernes, 9 de noviembre de 2012

Mil cousas poden pasar, FERNÁNDEZ SERRANO.

Sinopsis

Os fillos do rei do mar, Neda e Mercurín, caen na conta de que se achega o aniversario do seu pai, Pindo IV o Tratable, e aínda non teñen agasallo. Na procura dese galano desencadéanse as mil cousas que dan título a obra de Jacobo Fernández Serrano, gañadora do Premio Merlín de literatura infantil 2009. A partir de aí, a na...

13 comentarios:

  1. A min gustoume que o autor cambiara os roles dalgunhas persoaxes, como Dino Soneira (mozo de Tila Cunqueiro). Ao principio, Dino era o albanel municipal e despois converteuse no dono da panadaría de Tila, xa que ela sería a nova xoieira. Don Tove Trobo, o xoieiro, fíxose can pastor das ovellas de don Aristo (granxeiro da vila), porque o seu can Romero decidira facerse cocho. O cocho de don Aristo, Isaías, foi facer a primaria no canto de Propicio (fillo de Hedión, encargado do cemiterio) que agora era o novo tuba da banda de Nil. Tamén Froufe Lamas que era novelista, converteuse en albanel; e a carteira, Quindimil, deixou o seu posto en correos para facerse novelista da vila.
    Miriam Timiraos Díaz. 2º ESO D.

    ResponderEliminar
  2. Pareceume moi interesante porque conta a vida na cidade de Nil e ao mesmo tempo as aventuras dos fillos do rei do mar.
    Como transcorre a vida na aldea intercambiando os oficios de todos os aldeanos como:Propicio o fillo do enterrador queda a cargo do ceminterio,ao deixar un pupitre libre o cocho Isaias ocupa o seu lugar e no lugar do cocho vai o can Romero e asi sucesibamente con todos os oficios da vila.Mentres no mar os fillos do rei Pindo (o tratable)intentan buscarlle un agasallo para seu pai una coroa nova e no seu lugar atopanse una tuba e con ela iba Pouco agarrado ata que asustou ao rei.O libro conta todos estes cambios e as azañas que pasa toda esa xente por iso a min se me fixo moi interesante.
    Ainhoa Blanco Fernández 2ºESO D

    ResponderEliminar
  3. Gustoume moito porque dende o principio me resultado interesante.O lugar do suceso é moi característico.No fondo mariño comeza a historia co intento de agasallar ao rei, Pindo IV O Tratable,cunha nova coroa.Aínda que o que máis me gustou foi a circunstancia na que Lina ía na procura do seu marido,Pouco, que fora raptado por unha masa verde de auga salgada.Unha das cousas que máis me chamou á atención foron os papeis que lle foron otorgados a cada un dos personaxes que nalgúns casos nada ten que ver co que en realidade fan.
    Desexo poder ler o segundo libro da mesma colección.
    Laura Prieto López. 2ºESO D.

    ResponderEliminar
  4. A min gustoume porque conta a mesma historia pero en dous lugares totalmentes distintos: o fondo mariño e a vila de Nil.
    Na historia contanse todo o que vai sucedendo dende que comezou a guerra; Como de repente volve o rio o seu lugar e grazas a el acabase a guerra é forman unha banda de música; Como Propicio empeza a ser enterrador; Como Lina sae na procura de Pouco, porque unha nuve de agua salgada o levou con sigo...
    E ao mesmo tempo no fondo do mar se esta celebrando unha festa; A Pinto IV(o rei do mar) lle encanta o regalo dos seus fillos...
    Tamen sucereron moitas máis cousas claro está, pero espero que o seguinte libro que teñamos que ler sexa tan entretenido coma este
    Carmen Eiroa Riveira. 2ºESO C.

    ResponderEliminar
  5. Pareceume moi interesante todo o libro pero en particular as aventuras que conta na vila de Nil e no fondo mariño,as actividades que realiza Propicio cando prepara a todos os difuntos e aseanos, plancha a sua roupa…Unha secuencia moi interesante foi tamén cando desapareceu Pouco e Hedión foi a falar ca Alcaldesa e como se solucionou o tema tan pronto, cando Lina foi en busca do seu marido desaparecido e por último cando Pindo IV puxo o trombón de baras na cabeza e Pouco tocou e o rei mandouno polo mar adiante. Gustariame volver a ler algún libro deste autor xa que son moi entretenidos e divertido. Chamoume a atención o intercambio de papeis que houbo na vila como o cambio do fillo do enterrado (Propicio)na escola e o seu lugar ocupouno o cocho Isaías e despois o can.

    Elena Pigueiras Veiga 2ºD.

    ResponderEliminar
  6. O libro gustoume moito. As aventuras que suceden na vila de Nil son moi divertidas. O que máis me gustou foi que Propicio ( fillo de Hedión) desenterrara os mortos, lles lavara a roupa e que os sentase nun banco.Tamen me gustou que Isaías ( o cocho da vila) fora ao colexio e que Lina a moza de Pouco estivera na busca del durante tanto tempo que casi morre pero ao final encontrouno e puxose moi leda. En resumidas o libro é moi bó eu recomendariallo a todos.

    Tania Monteagudo Bermúdez 2ºD

    ResponderEliminar
  7. A min gustoume moito o libro porque as aventuras que transcurren na vila de Nil son moi entretidas e divertidas . A historia transcorre polo motivo de que se achega o aniversario de Pindo IV ( o rei do mar) e os seus fillos ( Neda e Mercurín ) ainda non lle mercaron o seu agasallo . O que máis me gustou foi que Propicio ( fillo do enterrador Hedión)cando se quedou a cargo do cemiterio desenterrara aos mortos e os aseara.
    María Simón Cundíns 2ºD

    ResponderEliminar
  8. Resumen: na aldea de Nil, os veciños celebran o fin da guerra do leito seco, comezou porque un día o río Inrique desapareceu do seu leito, deixando aos habitantes desconfiados, houbo uns enfrontamentos entre os dous pobos veciños botandose a culpa de que o río desaparecese. Mentres, no fondo do mar, os fillos do rei(Neda e Mercurín) Pindo IV o Tratable intentaban buscar o regalo perfecto para o aniversario do seu pai, unha coroa nova e decidiron viaxar a superficie. Cando os mundos exterior e interior do mar son literalmente "Mil cousas poden pasar", unha sucesión de acontecementos que xoga coa idea de reaccións en cadea.
    Opinión: pareceume unha historia fantástica e entretenida que na vida real nunca ocorrería, pareceume simpático que o río se fose de viaxe de estudos e que o porco Isaías fose a escola, o que non entendín moi ben é que Lina volvese a vida despois de morrer buscando a Pouco, o seu marido...

    Patricia Cordal Méndez 2ºD

    ResponderEliminar
  9. O libro é moi entretido, gustoume moito. Tivo partes que me gustaron moito como a que Propicio prepara o cemiterio e senta os cadáveres nun banco, lles pasara o ferro a roupa etc., tamén me pareceu moi graciosa a xente de Nil, o porco Isaías vai á escola, Propicio é o encargado do cemiterio porque o seu pai cando desapareceu Pouco foi tocar a tuba no seu sitio. Houbo duas partes entre outras moi graciosas: cando di o río que estaba de viaxe de estudos e cando Mercurín e Neda lle agasallan a seu pai o rei a tuba de Pouco como coroa e desde ahí foi cando mais me gustou o libro. Recoméndollo a todo o mundo.
    Ana cortiñas meitín 2ºC

    ResponderEliminar
  10. A mi me encanto el libro en si pero lo que mas me gusto fue que hera mui ilustrado (aunque eso te permita imaginar menos) y capitulos muy cortos (creo que el que mas eran 4 hojas) y asi puedes leer unos pocos capitulos en un dia y no te estresas y lo que menos me ha gustado de este libro fue que estaba en lengua Gallega y personalmente no me gusta mucho el Gallego pero menos por eso me ha encantado.

    Carlos Pernas Díaz 2º E.S.O. Grupo A

    ResponderEliminar
  11. Ao lerche a primeira parte xa entendia de que iba e xa sabía que o rei necesitaba un agasllo, pero deulle un xiro inesperado a trama.
    Javier Pernas González.

    ResponderEliminar
  12. Hola, o libro pareceume moi interesante, ainda que creo que é bastante infantil, pareceume moi orixinal, como se todo fose un gran soño fantástico, e encantoume a idea de como salian do mar Nediña e seu irmá, o final moi simpático e entretido, quezais mellor que o principio.
    XA teño ganas de porme a ler a segunda parte!
    Paula FErnándezParapar2ºESOA.

    ResponderEliminar
  13. Abraham García Pena (2ºD E.S.O.)18 de marzo de 2013, 11:10

    Boas, o libro, persoalmente pareceume un pouco raro, aínda que gracioso tamén. No que non me ten moito sentido é, primeiro fala do rei do mar e dos seus fillos, e despois de ahí salta xa directamente para a parte onde se fala de Nil, dos seus habitantes e dos protagonistas, ao mellor son eu pero a min non me cuadra moi ben iso. Polo resto ben, é fácil de ler, entretido, gracioso e divertido.

    ResponderEliminar