jueves, 11 de octubre de 2012

Cabeza de medua de MARILAR ALEXANDRE.



Una fiesta de disfraces acaba de 

madrugada en un camino 

solitario cuando Sofía y Lupe 

sufren una agresión sexual. 

Durante los días siguientes, las 

dos muchachas descubrirán que, 

como Medusa, muchos no se

 atreven a mirarlas a los ojos. 

¿Tienen que avergonzarse de 

algo? 

¿No hubiera ocurrido si no hubieran llevado una minifalda?
 ¿Es mejor no denunciar y olvidarlo todo? 

Inspirada en el mito de Medusa, cuyos cabellos se transformaron en

serpientes como castigo tras ser forzada por Poseidón, 'La cabeza 

de Medusa' aborda el trauma personal, familiar y social que supone

 una agresión de este tipo.


10 comentarios:

  1. Na miña opinión este libro non se pode comparar con ningún dos outros que limos no club de lectura este curso.
    A pesar diso, é un libro interesante que trata temas que en ocasións son expostos como tabús pero, neste caso narrados con naturalidade.Nel relátase unha historia mitolóxica ao comezo que dá unha idea xeral sobre o contido e o resto trata sobre un tema que pode ser certo en moitas outras circunstancias e que lles aconteceu a unhas rapazas novas,Guadalupe L. e Sofía Tallón despois dunha festa de entroido cuns rapaces aos que non coñecían de nada. Estas mozas foron desprezadas por algunhas persoas, coma Mauricio, pero tamén houbo quen as consolase, poderiamos falar de Jessica (unha rapaza que sufriu violacións polo seu padrasto durante dous anos, cando só tiña doce anos, ata que decidiu voltar á casa de acollida), os noivos que tiveron despois da desastrosa noite de carnaval, os pais de Sofía, algún profesor…
    Ademais ao comezo de cada capítulo menciónanse obras enteiras ou fragmentos, de autores diferentes, relacionados coa temática do relato.
    As violacións poden chegar a causar a morte dalgunhas persoas, alén de danos físicos e psicolóxicos.As mulleres deberiamos ter en conta estes acontecementos, posto que nos poden perxudicar para toda a vida e ante todo se fose preciso teríamos que denunciar.

    Laura Prieto López 2ºD

    ResponderEliminar
  2. Este libro está basado no mito de Medusa, cuxos cabelos se transformaron en serpes como castigo tras ser violada por Poseidón. "A cabeza de Medusa" amosanos o trauma persoal, familiar e social que supón a violación.
    Sofía e Lupe son insultadas despois de seren agredidas, moitos dos seus compañeiros non se atreven a miralas de fronte, síntense presionadas. Ambas semellan ser para algúns as culpables pola súa indumentaria ou polo feito de subir nun coche cuns descoñecidos. Para outros está claro que son as vítimas.
    Lupe non soporta a presión social e a falta de apoio da súa familia, polo que retira a denuncia. Pola contra, Sofía conta co apoio dos seus compañeiros: Celia, Lorena, Jessica, Rubén, Artur, etc. e tamén da súa familia. Esto axúdalle a seguir coa denuncia a pesar do "soborno" que o abogado defensor de Constantino, o agresor de Sofía, lle ofrece aos pais desta. Sofía atopábase moi arroupada polos seus, pero o maior apoio tiñao no seu noivo Rubén.
    En moitas ocasións, igual que no libro, as mulleres son dobles vítimas, por un lado dos abusos sexuais que alguén lles infrinxe e, por outro, polo entorno que xuzga ás agredidas e non aos agresores. Esta mentalidade debería ter desaparecido fai moitos séculos.
    Miriam Timiraos Díaz.
    2ºESO D

    ResponderEliminar
  3. Abraham García Pena (2ºD ESO)7 de abril de 2013, 7:50

    Este libro a parte de interesante, serve para concienciar das consecuencias dos abusos sexuais, que por desgracia, están moi presentes no mundo en que vivimos. Este libro é de lonxe máis diferente ca o resto de libros que xa limos no club, que eran máis divertidos, por iso espero que no futuro xa non haxa que escribir libros sobre violencia, discriminación, racismo e en xeral temas que non son precisamente moi bos. O libro ao principio narra a historia de Medusa, que tras ser violada por Poseidón se lle transformaron os cabelos en serpes como castigo. Logo conta a historia dunhas rapazas chamadas Sofía e Guadalupe, que tras ser insultadas e violadas por uns descoñecidos tras a festa de Entroido, loitan para que os agresores sexan condenados e castigados, elas puxeron unha denuncia pero o avogado do violador de Sofía, intenta evadila querendo proporcionar unha cantidade de diñeiro aos pais desta como soborno, e que eles rotundamente negan e desprezan.

    ResponderEliminar
  4. O libro foi moi distinto ca os anteriores, pero gustoume bastante máis, xa que cando o collín non podia parar de lelo.
    Ten coma duas partes, na primeira que narra un feito mitolóxico, a historia de Medusa á que os cabelos se lle combertian en serpes ao ser violada.A segunda, conta a historia de dúas nenas, chamadas Sofía e Lupe, que tras vir dunha festa de entroido foron violadas por dous homes. No instituto, había xente que se ría delas coma Mauricio, pero, como é máis normal, había moita xente que as apoiaba. As duas adolescentes impuxeron unha denuncia, ainda que Lupe, ao non poder contar ca súa familia nin con practicamente ninguén ca apoiara, retirouna, mentres que Sofía, apoiada por todos os seus amigos, compañeiros e familia, mantivoa, a esta, ofreceronlle un soborno, ao que claramente negouse a recibir. Finalemente Lupe volve a poñer a denuncia, e as dúas deciden ir polo camiño da xustiza.
    Na miña opinión, este libro foi un do que máis me gustaron dos que lín este curso,sen dúbida volvereino a ler.

    Paula Fernández Parapar 2ºESO A

    ResponderEliminar
  5. O libro "A Cabeza de Medusa" estivo moi ben para o meu gusto. Ten unha temática duns problemas actuais, xa que hoxe en día moitas mulleres son violadas. Sofía tivo unha forza de voluntade moi boa, debido a que non calquera muller violada loite con tanta forza. A diferenza da súa amiga Lupe, retirou varias veces a denuncia, debido a, que a seu pai Nicolás non lle gustaba a idea de demandar, esas actitudes non son boas xa que hai que loitar SEMPRE, a nai de Sofía, Elvira tiña unha actitude moi progresista e axudaba a súa filla en todo. Co que me din conta neste libro é que estamos nunha sociedade na que a víctima sofre o acoso aparte do físico o psicolóxico, e dicir despois a xente mira a Lupe mais a Sofía con mala cara, insultando... Pasado xa un siglo séguese igual, coma o mito da cabeza de Medusa, que foi forzada por o deus Neptuno e despois os deuses a castigaron cunha mirada petrificante. Tamén me gusta que se fale de temas que moitas veces se evitan, nesta obra falase con moita claridade neste sentido. Sen duda o mellor libro do clube de lectura deste ano.

    Patricia Cordal Méndez 2 ESO D

    ResponderEliminar
  6. A min este libro gustoume moito, en comparación cos que leimos na primeira e segunda avaliación que eran imposibles de creer, este libro trata dun tema que estar a pasarlle a moitas rapazas que e o tema da violación.
    Nunha festa de Antroido dúas rapazas chamadas Sofía e Lupe subironse ao coche duns descoñecidos debido a que os taxis estaban todos ocupados. Cando subiron, os rapaces chamados Pedro e Constantino levaronas a un camiño afastado onde as violaron e logo as deixaron soas no lugar do incidente. As dúas rapazas puñeron unha denuncia sobre o ocurrido pero Lupe decideu quitar a denuncia para olvidarse do tema, pero logo volveuna a poñer pa non deixar a súa amiga soa. No instituto, todo o mundo as apoiaba excepto Mauricio que pintou cun spray no baño de mulleres " LUPE E SOFÍA PUTAS" pero por este feito expulsarono unha semana do centro. A Sofía o pai do agresor ofreceulle moitos cartos e pagaballe a universidade pero ela decidiu ir a xuizo polo seu ben e polo ben de todas as rapazas que lle estaban a acontecer o mesmo ca ela. Sen dudalo moito este libro creo que foi o mellor que lín en todo o curso .


    Tania Monteagudo Bermúdez 2ºD

    ResponderEliminar
  7. Este libro non me gusta moito xa que trata de violacions e non me gusta o tema.No antroido duas rapazas foron violadas por uns rapazes un camiño e despois deixaronas soas.Una das rapazas non queria poñer a denuncia pero ao final puxoi pero acabou quitandoa.A una das rapazas afroceronlle cartos un dos pais dos agresores.Tamen conta a historia de medusa que foi violada por Neptuno enton foi castigada cunhas serpes na cabeza porque supostamente ela provocara ese incidente.No instituto alguns rapazes coma Mauricio que as insultou e rapazas rianse delas pero habia outros que as apoiaban e non se rian delas.Gustoume mais o libro da primeria avaliacion ainda que este non est mal.
    Ainhoa Blanco Fernández 2-D

    ResponderEliminar
  8. Este libro foi o que máis me gustou dos que limos no club de lectura, porque trata de casos ainda que non son moi agradables non son inventados,coma nos outros dous libros.
    Trata sobre duas rapazas (Sofía e Lupe) que na noite do entroido cando se subiron nun coche duns descoñecidos foron violadas,e logo da agresión sexual deixáronas tiradas nun camiño. cando souperon onde estaban chamaron aos seus pais e contáronlle o ocurrido, os pais de Sofía levaron a Lupe á súa casa para que falara cos seus pais de si poñer a denuncia uo non. Ao final puxérona as duas, o doutor de garda fixolles unha revisión para saber si estaban embarazadas, ou se sufriran algunha lesión grave, non tiñan nada ningunha das duas. Lupe acabou retirando a denuncia porque só a apoiaban Sofía, e os pais de Sofía, os seus pais estaban en contra de poñela xa dende o principio e no instituto había xente que as miraba con cara rara, especialmente Mauricio que escribiu na parede do baño das mulleres "Sofia e Lupe putas", aínda que había alumnos que as apoiaban.
    Un dos rapaces que as agrediron ofrecéronlle cartos para que retirara a denuncia contra el, pero non os aceptou.
    Ana Cortiñas Meitín 2ºESO-C

    ResponderEliminar
  9. O libro "A Cabeza de Medusa" trata sobre duas rapazas chamadas Lupe e Sofía que na noite de entroido foron agredidas sexuelmente ao subirse ao coche de dous descoñecidos, deixáronas tiradas nun camiño. Cando se orientaron chmaron aos seus pais e contáronlle o ocurrido, os de Sofía foron directamente ao médico e a poñer a denuncia, pero os de Lupe non estaban moi de acordo con denunciar, ao final denunciaron aínda que tempo despois no colexio un rapaz chamado Mauricio pintou no baño das rapazas cun spray "Sofía e Lupe putas" entón Lupe decidiu quitar a denuncia cousa da que se arrepentiu moito despois.
    O libro gustoume moito, porque os outros que limos no club de luctura eran demasiado imaxinativos, e este ao contrario trata un tema moi actual e que lle está a ocorrer a moitas rapazas.
    Elena Pigueiras Veiga 2ºD

    ResponderEliminar
  10. Este libro,trata sobre dúas rapazas chamadas Sofía e Lupe que logo da festa de antroido ao subirse ao coche duns descoñecidos foron violadas, logo deixaronas tiradas na cuneta dun camiño.
    Logo de orientarse colleron os teléfonos móviles e chamaron aos seus pais que as levaron ao médico de garda para ver se tiñan algunha lesion ou estaban embarazadas.
    Ambas puxeron unha denuncia a Policia pero os pais de Lupe non estaban de acordo, pero ao final puxerona.
    No instituto Mauricio escribeu no baño das rapazas "Sofía e Lupe putas".
    Tras isto Lupe retirou a denuncia,pero Sofía decidiu non quitala.
    Este libro gustoume mais ca os anteriores que limos,os outros eran moi imaxinativos, este e un libro que se adapta a calquera situación actual,ademais isto denuncia o que ocorre en todo o mundo e a impunidade da que gozan case todos os violadores.
    Javier Pernas González.2 A

    ResponderEliminar