lunes, 28 de enero de 2013

MIL COUSAS PODEN PASAR, Xacobe Fernández.

Despois do éxito do primeiro libro no club de lectura de 2º da ESO para a 1ª avaliación e atendendo ás vosas súplicas, decidimos poñer esta segunda parte para a segunda avaliación para que poidades seguir coñecendo a Jacobo Fenández e a súa obra. Con sorte, o autor visitaranos na primavera e poderedes facerlle todas as preguntas que queirades e solucionar as dúbidas.

10 comentarios:

  1. O libro comeza coa viaxe que emprenderon Lina e Pouco cara Nil, mentres eles viaxaban, en Nil ocorreron cousas como que a alcaldesa, dona Numerosa, decidiu dimitir porque todo estaba ao revés na súa vila, por exemplo, quedou alucinada cando lle deron unha medalla ao cocho Isaísas, ou cando veu a Sociedade Gastronómica de amigos do Cocido de Can. Propicio foi o novo alcalde.
    Lina e Pouco chegaron ao Val das Fontes onde viven milleiros de canarios, e entre eles Chals, o canario que coñecera Lina na viaxe na procura de Pouco. Chals contóulles a historia do gato Kandás, que trata de que en occidente eran afeccionados á música e ao canto, esto fixo que se incrementara o comercio de canarios, entón enviaron dos Portos Fríos un navío con moitas gaiolas para os paxaros , e ficharon ao gato Kandás para matar aos ratóns do barco. Os tripulantes do navío colocaron unha rede para capturalos, despois desto metéronnos nas gaiolas e o gato Kandás intentou comelos, pero debido a unha tormenta, o barco abaneouse e os paxaros escaparon, despois rescataron a Kandás.
    O que máis me gustou do libro foi a historia de Nil: na antigüidade líase moita poesía, isto creou unha epidemia de transparencia. Os poemas acadaron tal esplendor que volvían aos lectores transparentes. Tal foi como un rapaz chamado Nil, indo de viaxe coa súa nai, estaba lendo unha poesía do Universo cando lle dixo a súa nai que era transparente, a nai díxolle que fora como fora quereriao igual, polo que puxo un cartel có nome do seu fillo “Nil”. Desde ese momento a xente que viaxaba paraba ao carón dese cartel porque crían que eso era unha cidade, asi foi como se formou a vila de Nil.
    Tralo día de Nainil algunhas persoaxes voltaron ao seu traballo anterior e outros, como dona Numerosa, adicáronse a outros oficios.
    Miriam Timiraos Díaz. 2º ESO D.

    ResponderEliminar
  2. O libro gustoume moito. Non pensaba que fora continuar asi, que o cocho Isaias gañara unha medalla, que a alcaldesa "dona Numerosa" dimitira e collera o cargo Propicio un neno de dez anos que deixara a escola para ir coidar do cemiterio, a alcladesa costoulle un pouco convencelo, pero ao final consigueuno cado lle dixo que podía ter a alcaldia onde el quixera. este foi o capitulo que máis me gustou. Tamén me gustou moito o capitulo 61 cando o río volve de viaxe de estudos como no primeiro libro.
    Tamén está moi ben o libro porque a maioria das segundas partes dos libros non e van dicindo quen era cada persoaxe, pero neste caso si que o di. ANA CORTIÑAS MEITÍN 2ºESO C

    ResponderEliminar
  3. Gústoume máis o libro anterior, este paréceme menos creíble. O detalle de que queiran matar a Pouco non me gustou moito. O que sí me pareceu gracioso foi que o porco Isaías fora o alumno máis aplicado da escola. O que menos esperaba é que Propicio acabáse de alcalde xa que antes era o enterrador ou o "rei das tebras". O que me gustaría é que Hedión se convertese nunha mala persoa. O das mazás douradas recoudome moito aos mitos da mitoloxía grega. En resumen gústoume máis o libro anterior.
    PATRICIA CORDAL MÉNDEZ 2º ESO D

    ResponderEliminar
  4. A segunda parte relata o acontecido durante o regreso de Pouco e Lina a Nil, e os propios acontecementos que suceden na vila.
    A chegada ao poder de Propicio,as notas do cocho Isaías,a creación do cocido de can e a busca de Hedión que foi realizada por Don Torsón.
    Gústome algo mais ca o libro un, a única cousa que non me gustou foi o intento de asasinato de Pouco por parte de Senyi.
    Javier Pernas González.2 ESO A

    ResponderEliminar
  5. Na miña opinión o primeiro libro e maís bonito e maís creible xa que este e algo maís fantástico. A parte que mais me gustou foi cando Lina e Pouco chegaron ao Val das Fontes e cando foi premiado o cocho Isaias.Tamén agradoume a parte na que Propicio convertiuse en alcalde e a busca de Hedión xa que non mo imaxinaba e o que menos me gustou foi cando botaban peidos e euruptos e cando intentaron a morte de Pouco.
    ELENA PIGUEIRAS VEIGA 2ºD

    ResponderEliminar
  6. Este libro non me gustou tanto coma o anterior, aínda así, pareceume moi interesante e a súa orixinalidade está presente en todo momento.Comezou co desenlace do anterior, a namorada parella, Lina e Pouco, intentaba regresar para o Día de Nainil, o 17 de xullo,e poder actuar Pouco como tuba na banda municipal.Antes de chegar tiñan que solucionar algún problema que xurdira cando Lina ía na procura do seu marido, como o que lle pasara a Chals, o desprezo que lle fixera ela ao canario por non escoitar a historia que conta a quen pasa polo lugar causoulle unha gran afonía.
    Pero o regreso non foi como esperaban, Hedión o tuba principal e pai do futuro alcalde de Nil, Propicio que con tan só dez anos puxo en orde o campo santo conseguindo que os mortos falasen e próximo rixidor da vila pola dimisión de Dona Numerosa, quería chegar antes ao concerto. El atopábase no Pantano Onde Non Amañece e axudado polos maiores asasinos que hai na Terra intentou acabar coa vida de Pouco e a súa muller no bosque O Ancián pero non foi posible debido a que uns enormes insectos os salvaron e puideron continuar o seu camiño. A pesar de todo unha minúscula serpe meteuse no interior da tuba.
    No momento en que chegaron á festa, case ninguén coñecía á parella pero en pouco tempo recoñecéronos. Cando lle ía tocar a Pouco o animal que se metera no interior do seu instrumento mordeuno no pescozo e case o mata ‘de fame’ introducíndolle unha substancia mortífera pero nada é posible tendo unhas boas mazás, tomounas, recuperouse e puido tocar o himno de Nil,Do Leite de Nainil, recobrando a imaxe do descubrimento da vila,da evocación dos grandes feitos do pasado e un futuro prometedor pero ademais engadiu unha fermosa frase para a súa amada muller. Mentres o seu opoñente e asasino de Chals permanecía nos calabozos municipais xunto coa súa muller.
    Laura Prieto López 2º ESO D

    ResponderEliminar
  7. A min gústoume máis o libro anterior pero este tampouco estivo mal. Este libro relata as historias que viviron Pouco e Lina durante a súa viaxe de regreso a Nil, pero tamén cousas que lle aconteceron aos habitantes da vila. Lina e Pouco saíron da praia Lourida cara a Nil para chegaren ao día de Nainil(patroa da vila) porque Pouco tiña que tocar a tuba na festa que se ía celebrar no cemiterio debido a que Propicio ( Fillo de Hedión) era o novo alcalde tras a dimisión de Dona Numerosa. O neno organizara a festa no cemiterio para que os habitantes de Nil virán o magnífico traballo que estaba a realizar e para que poideran falar cos seus antepasados. O que máis me gustou foi que Isaías o coche recibira un diploma por ser o alumno do ano,gustoume que Propicio se convertera en alcalde e que Lina e Pouco superaran tantos obstáculos para regresaren a vila que casi acaban ca vida do protagonista debido a que unha serpente que saiu da súa tuba o mordeu e iba quedando sin nutrintes no seu corpo. O que menos me gustou foi que Hedión comera o canario para que non puidera decirlle aos habitantes de Nil que esperansen por Pouco que estaba a piques de chegar, tampouco me gustou cando Lina e Pouco atravesan o bosque dos Inmortais porque non me quedou ben aclarado, pero en resumidas o libro está moi ben e recomendoi para a xente que lle gusten as aventuras.

    Tania Monteagudo Bermúdez 2ºD

    ResponderEliminar
  8. Mil cousas poden pasar II:
    Conta as aventuras de Pouco e Lina cando volven para Nil...empeza con Neda e Mercurín que van de volta ao Palacio Real, pero non volven a aparecer en todo o libro. Na vila todo segue igual..todos ao revés, danlle un premio o cocho Isaías,hai unha Sociedade Gastronómica "Amigos do cocido de can", a alcaldesa vaise para o ceminterio e o Propicio é nomeado alcalde en funcións. Van facer un concerto e Propicio quere que o seu pai Hedión sexa o tuba. Hedión ten tres amigos (Ulam-Bator, Sahure e Senyi).O que menos me gusta é que Hedión mata a Chals o canario, non me gusta a serpe que se mete na tuba para matar a Pouco. Gústame a historia que lles conta Chals a Lina e Pouco do gato kandás e o Conto da Fundación, que é a historia de Nil.
    Acaba ben o libro xa que aparece a muller de Hedión para axudarlle e volver a ser unha familia, o peor é que Hedión quere volver a tocar a tuba.
    María Simón Cundíns.2ºD

    ResponderEliminar
  9. Gustoume mais o outro libro porque este é un pouco mais lioso.O que mais me gustou foi que Propicio acabase de alcalde porque a alcaldesa se dedicase a papelería tamen me gustou a parte enque Lina lle colle varias mazas a Pouco e me parece sorprendente que quixera o enterrador matar a Pouco para que non volvese a Nil e non puidese tocar na banda porque senon el perderia o seu lugar.O mais raro que puiden ver neste libro foi que o cocho Isaías fixera varias carreiras e que o can Romero formase parte Do Cocido de Can.
    Ainhoa Blanco Fernández 2º ESO D

    ResponderEliminar
  10. Ola, a min este libro gustoume, só que para o meu gusto, estaba mellor a primeira parte, sorprendeume moitísimo quen acabou de alcalde (Propicio) e que a alcaldesa fora cara o cementerio .Só que no momento do libro que quixeron matar a Pouco...Non me gustou nada! Rinme bastante ao ler as notas do porco Isaías. Tampouco estivo nada mal a creación do cocido de can.
    Estou segura de que se houbese unha terceira parte leería encantada!

    Paula Fernández Parapar 2ºA

    ResponderEliminar